Áreas de voluntariado
Aviso importante!
E obrigatoria a colaboración mínima de 2 días de competición, que debes indicar na túa inscrición. O horario exacto de colaboración dependerá da función que elixas realizar.
SECTOR SECRETARÍA E ACREDITACIÓNS
- Montaxe de bolsas para triatletas
- Entrega de dorsais e bolsa a participantes
- Xestionar listados de entrega de dorsais
- Información básica a deportistas sobre calquera aspecto vencellado ao evento
SECTOR APOIO Á DIRECCIÓN DE CARREIRA
- Apoio á seguridade na auga (kaiak)
- Apoio nas transicións:
– Dirixir fluxo de triatletas
– Control boxes
– Gardarroupa
– Avituallamientos: Natación-Ciclismo-Carreira a pé-Final-Especiais - Control de mobilidade de persoas no campo de xogo e instalacións
- Movemento de bicicletas
- Apoio en saída da auga do Paratriatlón (HANDLERS)
- Control antidoping
SECTOR PROTOCOLO E CERIMONIAS
- Apoio nas cerimonias de premiación
SECTOR COMUNICACIÓN E PRENSA
- Acreditar e servizo á prensa no Media Center
- Atención á prensa nos espazos de competición
SECTOR LOXÍSTICO-VOLUNTARIADO
- Control da entrada e saída de material do almacén
- Manter ordenado e supervisado o almacén
Transporte de material a diferentes puntos dos campos de xogo - Acreditación e acollida de persoas voluntarias
- Aloxamento e manutención de persoas voluntarias
- Transporte de persoas voluntarias ás súas diferentes funcións e/o aloxamento
- Control e supervisión das furgonetas de transporte
- Control e supervisión de emisoras
- Apoio a outros sectores