WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

Eco-city, Eco-event

Pontevedra xa é durante todo o ano unha cidade que se xestiona cos máximos criterios de sustentabilidade. A súa mobilidade de base peonil, o ciclo da auga, a xestión dos residuos urbanos ou a protección e fomento do medio natural son exemplos do comportamento urbano relacionado co planeta. Numerosos premios internacionais, entre os que se atopa o ONU Hábitat, avalan estas prácticas sustentables.

A Gran Final debe ser fiel a estes valores. Conseguiremos un evento de gran calidade ambiental e co maior respecto ao planeta e ás persoas.