Logo Oficial Pontevedra WTCF NEG

WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

Vida saudable

Vida saudable

O modelo de cidade implica sobre todo unha vida activa para todas as persoas, que adoitan o costume de camiñar como algo habitual nas súas vidas, loitando así contra as consecuencias máis negativas do sedentarismo.

Ademáis, o concello puxo en marcha unha senlleira iniciativa denominada Metrosán, consistente nun sistema de uso activo da contorna natural para correr ou camiñar en contacto coa natureza.

Son por unha parte 24 propostas de rotas de entre 2 e 22 km de lonxitude tanto no medio urbano como nas sendas e parques forestais próximos.

Tamén inclúen ‘fitpoints‘, lugares con propostas de exercizo físico para complementar a carreira ou a camiñata.