A carreira comeza cun percorrido dunha volta de 1.500 m de natación ao pé da Ponte dos Tirantes, ata aproximadamente a metade da Illa.
Diríxense polo Pazo da Cultura á avenida de Compostela, chegando pola N550 ata máis ou menos o límite co concello de Barro. Regresan á transición tras dar 2 voltas para faceren 39,5 km.
A pé só percorren os escasos metros entre a transición e a meta.