Intentamos animar ao noso alumnado a que adopte hábitos e costumes saudables que leven á felicidade. O deporte e a vida activa son grandes aliados nesta tarefa.
Días e horarios das probas
Alejandro Martínez | Profesor
o’Ras | Artista gráfico
A cultura urbana e a estética deportiva teñen moito en común. Cando veñas, seguro que atoparás tempo para ver como se cultivan aquí a arte e o deporte.
Yiyi Ureña | Chef
Aquí comemos moi san, con arte e creatividade. Recibirémoste cos nosos marabillosos aromas e sabores á túa chegada.
Alfonso Rueda Valenzuela | Presidente da Xunta de Galicia
Galicia é a gran final de todos os peregrinos do Camiño en Santiago, e a sede da Gran Final, en Pontevedra. O tríatlon situaranos no centro do mundo do deporte. O mar, a cultura e a paisaxe fannos únicos. Por iso quen nos visita nunca nos esquece e sempre volve. Vémonos pronto!
Pablo Dapena | Triatleta
Adestro aquí todos os días e pódovos asegurar que é un lugar que ten todo o necesario para acoller unha competición extraordinaria. Coma sempre, a cidade abrazaravos e apoiaravos.
Víctor Riobóo | Atleta
Sabemos o que necesita un atleta para sentirse ben mentres compite. Por iso organizamos eventos que nunca se esquecen.
Miguel Anxo Fernández Lores | Alcalde de Pontevedra
Descubrirás que Pontevedra é unha cidade de vangarda, unha cidade acolledora, pensada para as persoas. Se esta é a túa primeira visita, non te arrepentirás, será unha experiencia que sempre levarás contigo.
Teresa Portela | Piragüista
Competir no teu deporte en calquera lugar do mundo é emocionante. Pero créame, facelo en Pontevedra ten un plus moi especial: a calidez e o cariño que só se atopa nas cidades pequenas.
Javier Gómez Noya | Triatleta
Gustaríame mostrarche a miña cidade. É un soño poder celebrar aquí unha Gran Final. Estou seguro de que terás unha experiencia incrible.
Astrid Iglesias | Vendedora de peixe
Aos galegos gústanos comer produtos naturais coa mínima preparación. No noso mercado diario atoparás os mellores produtos para celebrar a túa festa.
Manel Loureiro | Escritor
Vivir aquí é encantador, e tamén o será cando veñas competir. Disfrutarás cada minuto, como facemos nós.
Chus Vázquez | Recepcionista de hotel
A xente que non coñece Pontevedra sorprende a vitalidade e a vida que sempre hai na cidade. Cando saen, soñan con volver canto antes
David Amor | Humorista e xogador de balonmán
Con todas as pontes que ten Pontevedra, sempre haberá unha que che leve a onde máis che guste. Temos esa reservada para ti.
Leti Muñiz | Nai de Lúa, afectada por artrogriposis
Todas as persoas, todas elas, merecen o seu lugar no deporte. Adaptar as estruturas e facer felices a quen ten que traballar aínda máis que a maioría, é unha tarefa na que todas e todos debemos implicarnos.
Trend Hidlay | Deportista
Vin competir no Campionato do Mundo de Loita, e encantoume estar aquí por moitas razóns. Sobre todo, pola calidez da xente e a gran organización.
Michele Cingolani | Hosteleiro
Unha das cousas que máis lle gusta á xente cando visita Pontevedra é a tradición de comer fóra nas nosas rúas estreitas, cheas de locais para xantar e cear. Agardamos mostrarvos o mellor de nós mesmos.
David Campos | Debuxante
A nosa mascota do papagaio, Ravachol, é un dos símbolos festivos da cidade. Cando creamos esta versión, quixemos facer un papagaio triatleta, para unir o espírito deportivo co festivo. Así será esta Gran Final: unha gran festa!
Beth Hall | Relacións Públicas de Pontevedra 2023
Veñas de onde veñas, de calquera parte do mundo, aquí en Pontevedra gozarás das festas que preparamos para acompañar a competición. A viaxe pagará a pena!