Logo Oficial Pontevedra WTCF NEG

WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

Logo eco event
Good Loop

Compromiso de Sustentabilidade

COMPROMISO DE SUSTENTABILIDADE DO EVENTO PARA PATROCINIO, PERSOAS COLABORADORAS, VOLUNTARIAS, PÚBLICO E ATLETAS

 

Xunto con World Triathlon, desde a organización do 2023 World Triathlon Championship Finals Pontevedra estamos a traballar para lograr a sustentabilidade social, económica e ambiental do mesmo. Pero non podemos logralo sen ti. Anímaste a colaborar connosco a través das seguintes indicacións?

1_ Realiza os teus desprazamentos de maneira sostible: preferiblemente en transporte colectivo, coche compartido, bicicleta ou camiñando, deste xeito axudarás a reducir a pegada de carbono.

2_ Descarta os produtos dun só uso: trata de evitar refugables, sobre todo os plásticos dun só uso. Trata de redeseñar os teus produtos para que estean no sistema a maior cantidade de tempo posible, reutiliza e emprega materiais que sexan facilmente reciclables tras o seu uso inicial.

3_ Consume localmente: realiza as túas compras no comercio local, implica menos desprazamentos e máis sustentabilidade social e económica.

4_ Conserva a biodiversidade: evita danos ao medio ambiente natural, é patrimonio noso e das xeracións futuras. Participa das accións ambientais relacionadas co evento.

5_ Sobre os recursos universais finitos: fai un uso responsable da enerxía e non desperdicies a auga nin a contamines.

6_ Cantos menos residuos mellor: facilita a reciclaxe dos que xeres e minimiza as emisións de CO2.

7_ Implícate nunha vida saudable: Fai exercicio e aliméntate de maneira sa. Di non ao consumo de alcol, drogas ou tabaco.

8_ Axúdanos a compensar a pegada de carbono: repórtanos os teus desprazamentos para facilitar a compensación de pegada de carbono e facer que o evento sexa moito máis sostible.

 

Máis información sobre a política de sustentabilidade: Un eco-evento nunha eco-cidade

Infografía eco gal