WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

Menos residuos

Menos residuos

A cidade dispón dun sistema de ecoxestión dos refugallos que consiste en xestionar en orixe a maior parte posible dos restos orgánicos a través do plan Composta, que consiste nunha serie de estacións de compostaxe por toda a cidade nas que se transforma directamente a materia orgánica en biofertilizante ou compost de alta calidade.

O resto das materias deposítanse en contentores diferenciados para a súa recollida específica e tratamento acaído.

Ademáis dispón de servizos especiais de retirada de cartón e vidro para grandes xeradores deste tipo de materiais.

A gran maioría dos refugallos que xenera o campionato utilizarán o sistema urbano de xestión e tratamento de residuos, pensado para reciclar o maior número de materiais posible e utilizando o resto para a súa revalorización enerxética.

Porén, instalaránse algúns contentores en puntos concretos, especialmente pensados para o uso acaído das persoas que se achegarán tanto a participar na xestión interna do evento como para as que acuden como espectadores ou espectadoras.