WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

Queres convertirte en voluntaria ou voluntario?

Todos sabemos que o éxito operativo de calquera evento deportivo débese en gran parte á colaboración activa e voluntaria da cidadanía. O seu labor é fundamental para poder levar a cabo diversas funcións básicas para o correcto desenvolvemento de calquera evento, como poden ser, apoio en secretaría, a xuíces ou xuízas, protocolo, control de accesos etc.

Formar parte do equipo de voluntariado deste Campionato SUPÓN colaborar na organización do acontecemento deportivo máis importante do mundo do tríatlon.

Trátase dunha ocasión única para gozar deste deporte, coñecer de preto á súa xente así como todos os detalles que viran ao redor dun Campionato do Mundo.

Calquera persoa que o desexe pode formar parte deste gran equipo, sempre que teña dispoñibilidade de tempo e ganas de axudar, de prestar as súas mans.

Para iso só hai que completar o formulario que aparece na barra lateral.

VEN VIVIR UNHA EXPERIENCIA INESQUECIBLE!!