O galego Antonio Serrat remata no posto 30 do Mundial de Pontevedra. Entrou na meta do CGTD a 9 segundos do que partía como favorito na proba, o británico Alex Yee, que portaba o número un e rematou en vixésimo novena posición.
Unha carreira espectacular, chea de xente tanto nos arredores do Lérez coma no CGTD e no centro histórico. Pontevedra volveu responder na rúa unha tarde de sábado solleira e agradable. A auga do Lérez superaba os 20ºC e non foi posible utilizar neopreno.
Serrat foi tamén o primeiro español que cruzou a meta en Pontevedra e portugués Vilaça, que partía de terceiro, quedou no posto 14, por detrás do tamén portugués Ricardo Batista, que chegou a Pontevedra portando o ordinal 45.
A carreira foi completada por tres atletas ao mesmo tempo, unha hora, 42 minutos e 22 segundos: o francés Dorian Coninx, que estaba quinto na xeral, o alemán Tim Hellwig (décimo) e o tamén galo Pierre Le Corre (oitavo). Unha final de infarto dominada por europeos, xa que o primeiro foráneo foi o australiano Matthew Hauser, que entrou en séptima posición.
Ás 17:20 horas arrincou a elite masculina co segmento de natación no Lérez. O primeiro en saír da auga foi Hauser, comandando un grupo de 18 unidades e con Hayden Wilde sufrindo unha penalización por deixar o seu gorro no pontón que acabaría por deixarlle fóra da loita polo campionato.
Chegou a quenda da primeira transición e o segmento de bici rodándose a un ritmo moi alto e sacando do grupo dos favoritos a Blummenfelt, Alex Yee ou o propio Wilde.
E coa carreira a pé apareceu o momento de Coninx. O francés marchaba agazapado, detrás dos primeiros postos, tras Hellwig e Pearson, e da man do seu compatriota Le Corre.
Ata que nas últimas voltas, e acirrado polo público que enchía as bancadas do estadio, Conninx empezou a preparar a súa vitoria en Pontevedra impoñéndose finamente nun sprint moi apertado con Tim Hellwig e Le Corre.
A priori todo estaba preparado para que Pontevedra fose o escenario perfecto para unha batalla polo cetro mundial entre o briánico Yee, o neozelandés Wilde e o portugués Vasco Vilaça pero unha vez máis quedou de manifesto que o tríatlon non fai prisioneiros e que a carreira acaba poñendo a cada un no seu sitio.
Coninx proclamouse novo Rey do Tríatlon Mundial, mentres que Alex Yee, que lideraba a clasificación ata esta última parada das Series Mundiais, tivo que conformarse co subcampeonato ao acabar 29º en Pontevedra e Bergere co bronce ao terminar 4º nesta Gran Final.
Dos españois, tras Antonio Serrat (30º), quedaron Genis Grau (37º), Sergio Baxter (45º). De 47º quedou clasificado Roberto Sanchez Mantecón e David Castro de quincuaséximo séptimo.
