Logo Oficial Pontevedra WTCF NEG

WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

23ITUWC Pontevedra KAbelleira 734443

Catro bronces e un ouro de Grupos de Idade quedaron en Galiza

Marcos Gómez Rilo, ademáis de gañar un bronce, participou na equipa de informadores da proba

Cinco medallas para outros tantos deportistas galegos nas modalidades de grupos de idade. Ademáis do pontevedrés Lucas García, que conquistou a primeira praza do grupo de entre 15 e 19 anos, Galiza conquistou tres medallas de bronce, unha delas no mesmo grupo xuvenil.

Esa foi Noelia Galloso, que entrou en terceiro lugar. Na mesma posición Eduardo Saavedra, no grupo de entre 35 e 39 anos e Marcos Gómez Rilo, na categoría de entre 20 e 24 anos. No grupo masculino de entre 20 e 24 anos de Aquabike foi Leo Suárez quen conquistou a medalla de bronce.

Gómez Rilo estivo tamén vencellado ao mundial por outro motivo, xa que participou no equipo de reporteiros que trasladaban imaxes e informacións do campionato ás distintas webs e redes sociais das institucións promotoras (a Fetri, a Fegatri, WT e o Concello de Pontevedra, entre outras).

Este equipo ademáis tamén fornece de información de interés aos distintos medios de comunicación a través de notas de prensa ou facilitando o labor de fotógrafos ou carmarógrafos.

Marcos Gómez comentaba entusiasmado que quería gozar da carreira “compaxinar a carreira como deportista e ao mesmo tempo participar na oficina mediática do evento, e ao final foi un auténtico espectáculo… coa pel de galiña da cantidade de xente que nos berraba e animaba constantemente… e despois, grabando a xente felicitábanos, foi brutal”.

Comparte esta nova