Logo Oficial Pontevedra WTCF NEG

WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

susana 1024x683

Susana Rodríguez Gacio, segunda tras unha controvertida sanción

A prata sabe a pouco cando ía polo seu quinto ouro mundial, e máis cando se debe a decisións que se consideran inxustas

Susana Rodríguez Gacio ía directa a conquistar o seu quinto ouro, pero unha sanción considerada inxusta, sumada á falta de dilixencia dunha xuiz que non estivo áxil para atender o seu penalti, deixárona en prata.

Rodríguez e a súa guía Sara Loehr foron sancionadas no segmento de bicicleta por un suposto bloqueo (segundo Susana había espazo suficiente para adiantar) a un tándem masculino.

Pero o problema agravaríase aínda máis cando pararon para cumprir a sanción. A oficial que debía cronometrar a parada non estaba preparada para iso e Susana e Sara Loher perderon moito máis tempo do debido, quedando xa lonxe de pelexar polo Ouro que finalmente acabaría conseguindo Franccesca Tarantelo. Susana entraría en meta segunda a 32 segundos da italiana.

“Na segunda volta viñeron uns mozos cun tándem, que son moito máis fortes que nós, adiantáronnos nuns segundos e fixérono pola dereita por que quixeron, porque había sitio polos dous lados, pero o xuíz oficial sacounos unha tarxeta a nós. Era a primeira vez que me pasaba na vida, pero eu sei que cando te sancionan tes que parar na seguinte área de penalti box, pero ao chegar alí a oficial estaba apoiada encima da mesa, dicíanos que alí non era, e tras perder non se canto tempo seguimos a carreira, pero eu xa estaba totalmente fóra mentalmente, non sabía nin canto tempo perderamos nin se me ían a descualificar”, comentou a destacada atleta galega.

Comparte esta nova