WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

Captura de pantalla 2023 09 21 a las 7.31.48

Iván Raña, no ceo do tríatlon mundial

O triatleta convértese entra no “Hall of Fame” de World Triathlon xusto antes do arranque da Gran Final de Pontevedra


O galego Iván Raña converteuse no primeiro triatleta español incluído por World Triathlon no seu “Hall of Fame” (Salón da Fama), en recoñecemento á súa exitosa traxectoria deportiva durante a cea de gala previa á Gran Final das Series Mundiais que se disputan esta fin de semana en Pontevedra.

Raña, pioneiro deste deporte a nivel nacional, coroouse como o primeiro campión do mundo español en 2002, e logrou tamén outros dous títulos de campión de Europa e un ouro no Mundial de Acuatlón, ademais de múltiples vitorias noutras probas e tres participacións en Xogos Olímpicos, nos que chegou a ser quinto clasificado en dúas ocasións (Sídney 2000 e Pequín 2008).

“Foi moi bonito e o discurso previo de Javi Gómez Noya ao que coñezo de hai máis de vinte anos emocionoume. Só podo dar as grazas e é moi especial que me dean o Hall of Fame aquí en Pontevedra, na miña casa”, afirmou un emocionado Iván Raña tras ser recoñecido no Hall of Fame de World Triathlon.

“Agardo que vivades a mellor Gran Final das Series Mundiais da historia. Sempre teredes abertas as portas da nosa casa”, dixo o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, dando a benchegada ás persoas que participaban na cea de gala no Liceo Casino da cidade.

Ademais, José Hidalgo, presidente da Federación Española de Tríatlon, sumouse a este bonito recoñecemento sinalando a importancia da figura do galego na historia deste deporte: “Fíxome unha ilusión especial, porque vin crecer a Iván Raña desde o principio ata pasar a ser un referente do tríatlon a nivel mundial. El tiña que ser o primeiro en recibir este galardón porque o foi o primeiro en abrir o camiño para o Trialtón español, foi un pioneiro.”

Comparte esta nova