WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

2023 05 13 vasco vilaca lidera mundial (1)

O portugués Vilaça, con certas opcións ao ouro

Chegan a Pontevedra liderando as clasificacións absolutas USA, Francia e UK en mulleres, e UK, Nova Zelandia e Portugal en homes

As diferencias de puntuación no cumio da clasificación sitúan ao portugués Vasco Vilaça como terceiro dos atletas que tomarán a saída na Gran Final Masculina do sábado.

Vilaça, de 23 anos, está a 195 puntos do inglés Alex Yee e a 138 do neozelandés Hyden Wilde. Aínda que o ouro resultaralle difícil, ten claras opcións de podio. En Pontevedra están a xogarse 1.250 puntos. Para gañar o portugués, terían que ter moi mal día tanto Yee coma Wilde, pero todo é posible.

Faltaban días para o cambio de século cando nacía en Amadora, preto de Lisboa. Aos 6 anos xa fixera un duatlón. Aos 13 múdase a Suecia por motivos familiares e adestra no país nórdico, convertíndose no primeiro campión europeo xuvenil. En 2017 é prata junior do mundo. Tras pasar a pandemia nunha aldea portuguesa, logrou tres pratas seguidas en varios campionatos e foi campión do Mediterráneo. No 21 gañou unha copa de Europa e no 22 acadou o cuarto posto na serie mundial celebrada en Leeds (UK).

Vilaça chega terceiro a Pontevedra. Fixo un segundo posto no inicio das Series de 2023 en Abu-Dhabi. Quedou terceiro en Yokohama e 8º en Cagliari. Non se lle dou ben a carreira en Montreal, onde ficou trixésimo, pero recuperou en Hamburgo (2º) e Sunderland, onde quedou cuarto.

O líder da escuadra portuguesa recibirá sen dúbida o alento de Pontevedra. Os fortes lazos culturais e humanos co país veciño fan que moitas persoas poidan gozar cun posible, aínda que difícil, trunfo portugués.

Outros candidatos

A conquista do título masculino decidirase entre cinco candidatos: Alex Yee (GBR), Hayden Wilde (NZL), Vasco Vilaça (POR), o vixente campión Leo Bergere (FRA) e Dorian Coninx (FRA), aínda que matematicamente hai ata 8 deportistas que poderían gañar. A coroa mundial feminina pelexarana entre as triatletas Cassandre Beaugrand (FRA), Beth Potter (GBR), Emma Lombardi (FRA) e Taylor Spivey (USA), aínda que matematicamente hai ata 9 mulleres que poderían gañar.

A vitoria na final do campionato vale 1.250 puntos, fronte aos 1.000 dunha distancia estándar WTCS e os 750 dunha distancia sprint WTCS, e a cantidade diminúe un 7,5% con cada posición.

Mulleres: Coas estrelas das Finais de 2022, Duffy de Xeorxia Taylor-Brown fora de combate por culpa das lesións, das catro aspirantes principais deste ano só a gañadora da medalla de bronce nas series de 2021, Taylor Spivey (EE.UU.), subiu antes ao podio. Con todo, Cassandre Beaugrand (FRA) e Beth Potter (GBR) teñen a posible vitoria nas súas mans. Tras compartir o protagonismo durante a maior parte do ano, o trunfo o domingo de calquera das dúas en Pontevedra garantiríalles o título. A francesa Emma Lombardi é terceira na clasificación e Spivey, cuarta.

Homes: A brillante tempada masculina 2023 alcanzará o seu punto culminante este sábado 23 de setembro na final do Campionato de Pontevedra. Ata oito homes poderían converterse matematicamente en campións do mundo. Sendo realistas, Alex Yee (GBR) é o máximo favorito, e tanto para el como para Hayden Wilde (NZL), a vitoria en Pontevedra garantiríalles o título a calquera dos dous. Vasco Vilaça (POR), Leo Bergere (FRA) e Dorian Coninx (FRA) terían que lograr o mellor resultado posible e esperar que os demais “picasen” para ter opcións máis remotas de converterse en campións.

Comparte esta nova