WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

WhatsApp Image 2023 09 22 at 17.51.57

Que se xoga na Gran Final?

É a proba que máis puntúa para unha igualada clasificación mundial, e ademáis contará moito para París 2024

As Series Mundiais son un conxunto de probas organizadas por todo o planeta que compoñen o Campionato do Mundo de Tríatlon, é dicir a máxima competición internacional deste deporte.

En 2023 o calendario das Series Mundiais está composto por sete probas, Abu Dhabi, Yokohama, Cagliari, Montreal, Hamburgo, Sunderland e Pontevedra que pecha o Campionato acollendo a Gran Final.

E non só é a Gran Final simplemente por acoller a última proba, se non que Pontevedra é tamén a Serie máis importante ao ter un sistema de puntación máis elevado que o do resto de Series. En Pontevedra os gañadores sumarán 1250 puntos, a diferenza das anteriores probas nas que os vencedores engadiron 1000.

Desta forma, a emoción na Gran Final manterase ata o último momento, xa que tanto en categoría masculina como en categoría feminina a clasificación está moi igualada tras a última proba disputada en Sunderland xusto antes de Pontevedra. En homes, o líder, o neozelandés Wilde avantaxa en menos de 500 puntos ao segundo clasificado, ao portugués Vilaça, e en menos de 700 ao terceiro, ao francés Bergere, e en categoría feminina, as distancias son aínda máis curtas entre as tres primeiras clasificadas, a británica Potter, a francesa Beaugrand e a estadunidense Spivey, pouco máis de 100 puntos de diferenza entre a primeira e a terceira.

En canto á participación galega na absoluta, o seleccionador español Iñaki Arenal, contou co vigués Antonio Serrat, que se ubica no posto 19 da clasificación mundial tras asinar o seu mellor resultado da tempada en Sunderland onde rematou na novena posición.

Pontevedra, ademais de coroar ao rei e á raíña do tríatlon mundial é unha cita moi importante para os triatletas que buscan a súa clasificación para os XXOO de París. Ademais acollerá o Campionato do Mundo de Paratriatlón onde o equipo español espera conseguir un gran número de medallas, coa galega Susana Rodríguez Gacio (actual campioa paralímpica), que agarda coroarse campioa do mundo por sexta vez, agora ante o seu público.

Comparte esta nova