WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

71091984 2336243253372762 2517182071923802112 n

Un acougo para fillas e fillos noviños de triatletas

Espazo para bebés e sala de lactancia, atencións ás nais deportistas durante o campionato

Un lugar onde facer máis doada a súa participación no campionato é o que teñen ao seu dispor as mamis e papis que se achegan coas súas persoiñas de poucos meses a participar no campionato. Un servizo de compaña para bebés e unha sala de lactancia para nais son os servizos de conciliación da vida deportiva coa maternidade ou paternidade.

O sistema de compaña para bebés préstase no centro Atera, ubicado na rúa Santa Clara, onde o seu equipo, formado por Ana, Andrea, Melina e Karina coidarán das crianzas que se lles confíen mentres os seus proxenitores participan nalgunha das carreiras.

“Estamos organizando todo para poder recibirvos e acompañar ás vosas crianzas nas necesidades de conciliación que vos xurdan durante este campionato mundial. Sentímonos moi afortunadas por poder facilitar temos de atención, xogo e coidados ás vosas crianzas e queremos dárvola benchegada e mostrar a nosa disponibilidade para que nos podades contar todo o que precisedes”, din nunha mensaxe ás persoas interesadas, que manifestaron na súa inscrición a necesidade de contar con ese servizo.

Por outra parte, na zona central do CGTD está a disposición das nais que o precisen unha área de lactancia materna cos servizos necesarios para que esta poida realizarse con total comodidade.

Comparte esta nova