WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

galegos ok

Fotos e convivio con deportistas nas horas previas ás competicións

Un momento de convivio entre a selección española que participará no mundial e os xornalistas locais foi organizada polo departamento de Comunicación da Federación Española de Tríatlon (Fetri), que quixo mostrar a máxima colaboración e empatía cos xornalistas de Pontevedra.

Tras unha foto de familia diante da Peregrina na que tamén participaron o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Deportes, Anabel Gulías Torreiro, a comitiva trasladouse á pranta alta do Mercado Municipal, onde compartiron uns petiscos e aproveitouse para charlar e realizar fotos de familia entre os 5 deportistas galegas e galegos que forman parte do combinado dirixido por Iñaki Arenal.

Esteban Basanta, Antonio Serrat, Susana Rodriguez Gacio, Sara Guerrero e Natalia Castro, xunto ao resto do combinado composto por máis de 30 atletas, aproveitaron para atender aos medios de comunicación e expresar a satisfacción por participar nunha Gran Final que por primeira vez se celebra no estado español.

A Fetri desprazou a Pontevedra un completo equipo de xornalistas e fotógrafos que darán testemuña de todo canto aconteza no campionato e traballan arreo para que os medios acreditados, tanto da cidade coma de fora, teñan todas as facilidades para realizar o seu traballo con comodidade.

Comparte esta nova