Pontevedra celebrou a terceira edición do Galicia Sportech Congress. O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, participou esta mañá na presentación desta cita que conta co apoio do Concello de Pontevedra e que se desenvolveu durante 3 días na facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
«Para Pontevedra é un honor poder recibir de novo a todos os participantes neste evento e estamos encantados de seguir configurándonos como a cidade do deporte de Galiza», indicou Lores. «É un congreso ao que asistirá moitísima xente relacionada coa innovación e as novas tecnoloxías aplicadas ao deporte: representantes de equipos, de empresas, deportistas…».
A cita viveu unha primeira xornada en liña, sendo as outras dúas presenciais na nomeada facultade. As persoas asistentesparticipan en mesas redondas, presentacións de proxectos, obradoiros e exposicións varias, tal e como indicou o coordinador da cita, David Suárez.
«Este é un congreso necesario para seguir na vangarda, pois cada vez se aplica máis no deporte e hai máis empresas relacionadas coa actividade física que poñen o foco no uso dos datos e a súa recollida», sinalou o rexedor. «Somos unha cidade referente e estes eventos permiten que continuemos nesa liña. Debemos agradecerlles a súa aposta por Pontevedra, sen dúbida».
Galicia Sportech Congress é o evento por excelencia sobre deporte, innovación e transformación dixital. É unha oportunidade para coñecer as tendencias neste sector e adquirir coñecemento, contactos e solucións para o ecosistema deportivo do noroeste peninsular.
Un punto de encontro da industria, que conta coa visión de innovación Deportistas de elite (Javier Gómez Noya, Susana Rodriguez, David Cal, Antonio Serrat, Teresa Portela, Marta Ortega…) de Clubs (FC Barcelona, Valencia CF, RC Celta, Estudantes, Obradoiro CAB, ….) de federacións (Federacion Española *Átletismo, Federación Galega de Fútbol, Federación Galega de Piragüismo ,…) das ligas (A liga, ACB, Euroliga, NBA, …) empresas de tecnoloxía (Telefonica Tech, Amazon, …) de aceleradoras e investidores (Hype, SportBoost, …) e de Marcas deportivas, (Adidas, …)
O Congreso desenvolveuse en tres espazos. O primeiro dedicado aos relatorios, mesa redondas, charlas sobre a innovación en diferentes áreas do deporte. A segunda é unha zona de exposición, para compañías e tecnoloxías sportech, onde se celebran showrooms para probar as ferramentas a todo o ecosistema do deporte, durante os dous días do evento durante todo o tempo. Por último, haberá circuitos de innovación, con activacións concretas nun slot determinado sobre diferentes materias ou deportes. Tamén existirá unha Networking Zone para entrar en contacto co resto de players da industria dunha forma distendida.
Os Clubs, Federacións e Deportistas dispuxeron de espazos dedicados onde participar en visitas guiadas ás tecnoloxías máis relevantes do Congreso organizadas por disciplinas deportivas.
Se alguén desexa curiosear nos seus contidos, pode facelo a través da web do congreso, que publica todas as sesións en video. Pincha aquí.