WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

Percorrido web

Publicadas as novas infografías das carreiras

Mapas con todos os datos para informarse ben

Presentáronse os sete novos deseños dos percorridos de todas as carreiras que compoñen a final das World Series de Tríatlon, que se celebrarán en Pontevedra entre os días 20 e 24 de setembro.

Os planos divulgativos, realizados polo infógrafo local Xan Sabarís, recollen os principais datos de cada unha das carreiras, desde a hora de inicio, as voltas que necesitan dar para completar as súas distancias, os lugares das transicións e por suposto os percorridos tanto polo río Lérez como pola avenida de compostela, Campus e contorna da capital, como polo centro histórico, onde terán lugar as carreiras a pé con final no estadio CGTD.

Tamén reflicten as altimetrías, todo iso cunha linguaxe gráfica fácil de ler tanto para deportistas como para o público en xeral, xa que se procurou que estes elementos servisen tamén como estímulo para que a cidadanía participe animando ás e os atletas.

Cada un destes percorridos pode consultarse na web (que ata o de agora contiña planos provisionais). Refírense ás carreiras éltie (Masculinas, femininas e sub23), as de Grupos de Idade (Supersprint, Standard e Aquabike) e as de Paratriatlón e Paratriatlón por substitucións.

AQUÍ PODES CONSULTAR OS PERCORRIDOS

Comparte esta nova