WTCF PONTEVEDRA 2023 Top Triathlon Here. Top Triathlon City.

Foto mapiña loc

Pontevedra publica a localización dos principais servizos da Gran Final

O mapa ten unha versión interactiva na web

A sede da Gran Final das Series Mundiais en Pontevedra publicou o seu mapa de localizacións principais, que se distribúen sobre todo por dúas áreas urbanas: a contorna do Puente dos Tirantes e a zona de Praza do Concello, no centro da cidade.

O mapa, editado en galego, español e inglés, figura xa en diversos elementos distribuidos pola cidade e ten unha versión interactiva na rede, á que podes acceder desde aquí.

A área máis deportiva ten o seu epicentro na ponte, que será o escenario de saída das carreiras e as transicións de elite, sub 23 e paratriatlón, en espazos situados na avenida de Bos Aires. O moi próximo estadio do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) será o punto neurálxico da organización deportiva, pois inclúe as oficinas xerais, o centro de prensa, as cerimonias de premiación e a meta de todas as carreiras.

Tamén moi próximo atópase o Pavillón Deportivo Universitario, dedicado aos Grupos de Idade, tanto para a súa recuperación tras as carreiras como os gardarroupas. Alén do río atópanse o Pazo da Cultura (centro de coordinación e briefings de carreiras) e o Recinto Feiral, que se dedica a plataforma de alugueiro e o servizo de consigna de bicis.

En canto á parte central da cidade dispóñense os espazos máis protocolarios e de lecer, como os dedicados ás cerimonias de apertura e clausura, a premiación dos grupos de idade. Un dos corazóns da competición será o espazo expositivo ou feira de atletas, que incluirá servizos tan importantes como a retirada do kit de carreira, o servizo de información a deportistas, a oficina de obxectos perdidos e espazo para sesións técnicas, ademais dos espazos propios de venda de produtos de interese para as persoas participantes.

O escenario principal dos actos festivos e algunhas premiacións estará situado fronte ao edificio municipal e o espazo loxístico e expositivo nunha carpa instalada ao longo da avenida de Montero Ríos.

A organización do evento e o propio concello da cidade recomenda a mobilidade natural (a pé ou en bicicleta) para o traslado entre os distintos servizos do campionato e a estancia na cidade eses días, non só polo carácter basicamente peonil do espazo urbano, senón pola comodidade dos desprazamentos que previsiblemente realizarán os participantes entre hoteis, estacións e puntos de interese da sede.

En canto ao tráfico motorizado, permitirase o acceso de autocaravanas a espazos próximos ás competicións (lugares habituais de estancia das mesmas) e de automóbiles de servizo a aparcamentos próximos á zona do río e estadio CGTD. Estes estacionamentos están reservados a persoas que realmente os necesiten, especialmente para as competicións de paratriatlón, e poderán utilizarse baixo autorización.

ACCEDE AO MAPA INTERACTIVO PREMENDO AQUÍ

Comparte esta nova